Norma de protección de datos/O que a norma non cobre

This page is a translated version of the page Policy:Privacy policy/What policy does not cover and the translation is 91% complete.
Outdated translations are marked like this.
Máis cousas sobre o que esta norma de protección de datos non cobre

Esta sección é parte da norma de protección de datos e está destinada a explicar en detalle aquelas situacións que non están cubertas pola nosa norma de protección de datos.

Webs e utilidades da Wikimedia que teñen normas particulares
Algúns webs e algunhas utilidades da Fundación Wikimedia teñen normas de protección de datos de seu ou cláusulas que difiren desta norma xeral. Entre estes webs atópanse os seguintes:
Se un web da Fundación Wikimedia se rexe por unha norma de protección de datos distinta, terá unha ligazón para acceder a ela. Cando unha utilidade da Fundación Wikimedia se rexa por unha norma de protección de datos diferente, a páxina desde a que se poida descargar ou activar a utilidade terá unha ligazón para acceder a esa norma.
Membros da comunidade
Os webs da Wikimedia son froito do traballo desprendido e colaborativo; unha comunidade global de voluntarios encárgase de mantelos e de actualizalos constantemente. Esta comunidade mundial de voluntarios pode ter acceso ás veces a datos persoais co fin de asegurar o correcto funcionamento dos webs da Wikimedia.
  • Os voluntarios administrativos, como os verificadores de usuarios ou os stewards. Estes voluntarios encárganse de que se cumpran as normas dos webs da Wikimedia e miran pola súa seguranza. Cando estes administradores acceden a datos persoais que non son públicos teñen que seguir as nosas normas de acceso aos datos non públicos, así como outras normas específicas dalgunhas ferramentas que empregan.
  • Provedores de utilidades. Mantemos plataformas para que desenvolvedores externos fagan probas e desenvolvan novas utilidades e webs, como wmflabs.org. Cando usas as utilidades creadas por estes voluntarios é posible que lles envíes datos a eles. Cando estes voluntarios acceden a datos non públicos ou a datos persoais, teñen a obriga de seguir as cláusulas das normas que rexen a plataforma concreta desde a que se pode acceder a esa utilidade.
  • Outros usuarios. Proporcionamos varias ferramentas que lles permiten aos usuarios comunicarse entre eles. As comunicacións poden estar cubertas por esta norma mentres as mensaxes circulen a través dos nosos sistemas, pero os usuarios que reciben estas mensaxes, e aquilo que fan con elas ao que as reciben, non están cubertos por esta norma. Por exemplo:
    • publicalas en listas de correo aloxadas pola Fundación;
    • solicitar a axuda de voluntarios a través do noso sistema de peticións en liña (os correos electrónicos enviados a info@wikimedia.org están neste sistema);
    • enviarlles correos electrónicos a outros usuarios a través dos webs da Wikimedia (por exemplo, usando a ferramenta "Enviar un correo electrónico a este usuario/a"); e
    • parolar a través do IRC (por exemplo, na canle #wikipedia).
Terceiros
Esta norma de protección de datos só cobre o xeito en que a Fundación wikimedia recolle, usa e divulga os datos persoais e non se refire ao que fagan terceiros. Por exemplo, esta norma de protección de datos non se lle aplica ao que fagan:
  • Webs xestionados por outras entidades, coma os webs que aparecen ligados desde as seccións de "Notas" da Wikipedia, ou os que xestionan os capítulos da Wikimedia ou calquera outra entidade vinculada do movemento. Estas entidades poden recibir datos de ti se visitas as súas webs despois de utilizar algún dos webs da Wikimedia. Estas entidades teñen cadansúa norma de protección de datos.
  • Aplicacións móbiles proporcionadas por outras entidades ou individuos. Estas entidades ou individuos poden recibir datos teus se empregas esas aplicacións para acceder aos webs da Wikimedia ou aos seus contidos. Estas entidades ou individuos teñen cadansúa norma de protección de datos e réxense por elas.

Ás veces, os voluntarios poden colocar unha utilidade de recolección de datos, coma un script, un gadget, un píxel de rastrexo ou un botón de compartir nun web da Wikimedia sen o noso coñecemento. Esta norma non cobre como terceiros xestionan a información que reciben por usar esa ferramenta. Se atopas algunha desas utilidades de terceiros e cres que incumpre esta norma, podes eliminala ti mesmo ou darnos recado no enderezo privacy@wikimedia.org para que fagamos unha pescuda.

Páxinas relacionadas coa protección de datos