Norma de protección de datos/Preguntas máis frecuentes sobre os requirimentos xudiciais
Esta páxina recolle unha listaxe de preguntas frecuentes sobre a Wikimedia Foundation Privacy Policy. Estas preguntas e respostas non son parte da norma de Wikimedia Foundation Privacy Policy. E nin sequera son un documento legal. Agardamos, non obstante, que che sexan útiles. Tenha em atenção que, no caso de ocorrerem diferenças de significado ou interpretação entre a versão inglesa original desta Política de Privacidade de Doadores e uma tradução, prevalece a versão inglesa original. |
Wikimedia Foundation Privacy Policy: Subpoena Frequently Asked Questions
Que é un requirimento xudicial?
Un requirimento é un documento oficial emitido por un xulgado para que alguén compareza ou para achegar probas en relación cun preito ou investigación xudicial. Existe un tipo de requirimento xudicial que lles pide aos provedores de servizos que lle dean ao xulgado os datos persoais dos usuarios a partir das actividades que fagan nunha determinada web. No sistema xudicial estadounidense estes requirimentos poden facelos avogados representando unha das partes nun preito, e ás veces estes requirimentos conteñen esixencias excesivas. Con todo, se estes requirimentos non se bloquean rapidamente cun recurso, cando chegue o xuízo pode que o xuíz ou xuíza refugue as obxeccións aos requirimentos e que non as chegue a aceptar.
Por que alguén anda a descubrir información que me identifique?
Un requirimento que solicite desvelar a identidade do usuario anónimo dun servizo normalmente afecta a un servidor de terceiros durante a fase de pescuda (ou de recollida de probas) nun proceso xudicial. O demandante xeralmente quere identificar a parte que supostamente, segundo as súas alegacións, lle causou danos. O suposto prexuízo pode vir da publicación en internet de calquera contido, como por exemplo un artigo de Wikipedia ou nunha páxina de conversa, que o demandante coide difamatorio ou unha violación dos dereitos de propiedade intelectual. O demandante pode identificar o usuario a partir do enderezo IP ou do correo electrónico de rexistro, ao pasarlle esta información a unha empresa provedora de servizos de internet (ISP). Ao que averiguan a identidade real dunha persoa usuaria, poden denunciala ou investigala formalmente en relación cos supostos danos.
Que pasa se non fago nada?
Se non dás os pasos legais necesarios, pode ser que obriguen a Fundación Wikimedia a entregar datos persoais que te identifiquen ou outras informacións sobre ti. Cando a parte que fai a solicitude coñece a túa identidade real, é posible que te chamen, por exemplo, para intervir dalgún xeito nun proceso xudicial.
Que podo facer para recorrer un requirimento?
Debido á complexidade dos procedementos legais e os requisitos procesais, así como á dificultade de manter o anonimato cando presentas un recurso baixo o teu nome, é altamente recomendable que consultes inmediatamente cun ou cunha avogada, especialmente antes de que tentes defenderte dun requirimento. As normas e procedementos para recorrer un requirimento dependerán da xurisdición en que se realizase o requirimento.
Nalgunhas xurisdicións vas poder enviarlles aos demandantes as túas obxeccións por escrito. Noutras xurisdicións, a única opción pode ser a de presentar un recurso de anulación ao tribunal (ou sexa, pedirlle ao xuíz ou xuíza que invalide o requirimento). En ambos os casos, para evitar que datos teus, tanto se permiten a túa identificación como se non, pasen a ser públicos, é esencial que deas uns pasos que tes que dar antes de venceren os prazos.
Para ampliar as túas pescudas se cadra queres consultar estes webs: