Resolution:Licensing policy/gl

This page is a translated version of the page Resolution:Licensing policy and the translation is 95% complete.
Outdated translations are marked like this.

Definicións aplicábeis

Proxecto
Un proxecto específico da Fundación Wikimedia nunha lingua determinada ou un proxecto plurilingüe, como a Wikipedia en inglés, a Wikisource en francés ou Meta.
Licenza de contido Libre
Unha licenza que cumpre cos termos da Definición de Obras Culturais Libres específica para licenzas, tal e como se pode atopar en https://freedomdefined.org/Definition/1.0 versión 1.0.
Política de Doutrina de Exención (EDP)
Unha política específica dun proxecto, de acordo coa lei dos Estados Unidos e a lei dos países desde os que se accede principalmente ao contido do proxecto (de existiren), que recoñece as limitacións da lei de dereitos de copyright (incluída a xurisprudencia) aplicábeis ao proxecto e permite o envío de materiais con copyright que se poidan empregar legalmente no contexto do proxecto, con independencia do seu status de autorización. Os exemplos inclúen: https://en.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Non-free_content e https://pl.wikinews.org/wiki/Wikinews:Dozwolony_u%C5%BCytek.

Resolução

Mentres que a misión da Fundación Wikimedia é "facilitar e animar a xente de todo o mundo para que reúnan e desenvolvan contidos educativos baixo unha licenza de contido libre,"

  1. Espérase que todos os proxectos alberguen só contido que estea baixo unha Licenza de Contido Libre, ou que sexa libre doutra maneira tal e como se recoñece na "Definición de Obras Culturais Libres" que se cita anteriormente.
  2. Ademais, coa excepción de Wikimedia Commons, a comunidade de cada proxecto pode desenvolver e adoptar unha EDP. O contido non libre que se use baixo unha EDP debe poderse identificar en formato lexíbel por máquina, de maneira que sexa facilmente identificábel polos usuarios do sitio así como por subseguintes usuarios.
  3. Esas EDPs han de ser mínimas. O seu uso, con excepción limitada, debería ser ilustrar acontecementos historicamente significativos, incluír obras protexidas identificativas, como logotipos, ou complementar (dentro duns límites estreitos) artigos acerca de obras contemporáneas con copyright. Unha EDP non pode permitir material que poidamos razoabelmente esperar que alguén poida enviar nun ficheiro con licenza libre para o mesmo propósito, como acontece con case todos os retratos de individuos notábeis vivos. Calquera contido empregado baixo unha EDP debe ser substituído cunha obra con licenza libre sempre que exista unha que cumpra o mesmo obxectivo educativo.
  4. Os ficheiros multimedia utilizados baixo EDPs poden ser eliminados se carecen dun motivo adecuado. Débense usar só no contexto doutro contido con licenza libre.
  5. Os proxectos que contan cunha EDP nestes momentos deberán seguir os seguintes pasos:
    • Antes do 23 de marzo de 2007, todos os ficheiros multimedia enviados baixo licenzas non aceptábeis (tal e como se definen arriba) e que carezan de motivos para a súa exención deberán ser eliminados e os ficheiros multimedia con esas licenzas deben pasar por un proceso de debate no que se determine se existe tal motivo; se non, tamén deberán ser eliminados.
  6. Os proxectos que non contan cunha EDP nestes momentos deberán seguir os seguintes pasos:
    • Antes do 23 de marzo de 2007, todos os ficheiros novos enviados baixo unha licenza non aceptábel serán eliminados.
    • A Fundación decide axudar a todas as comunidades de proxectos que desexen desenvolver unha EDP co seu proceso de desenvolvemento.
    • Antes do 23 de marzo de 2008, todos os ficheiros existentes que conten cunha licenza inaceptábel tal e como se ten descrito arriba deben ser aceptadas baixo unha EDP ou eliminadas.

Aprobado con apoio o 23 de marzo de 2007.